venres 16 setembro 2022

CORRE! CORUÑA42 ESGOTA O SEU PRAZO DE ISNCRICIÓN MÁIS ECONÓMICO (Fonte: www.coruna.gal)

Coruña42 achégase (será o 2 de outubro) e o prazo máis económico para participar na Maratón Atlántica conclúe este fin de semana.

De maneira presencial, nos centros do Corte Inglés, este período ordinario de inscrición péchase este sábado, 17 de setembro, mentres que, de maneira telemática, concluirá o día seguinte, o domingo 18, ás 23:59 horas.

Desde ese momento, abrirase o segundo prazo, o extraordinario. Con ese cambio, o custo por inscrición pasará de 30 a 50 euros desde o 19 ao 25 de setembro ás 23:59 e, ademais, só estará dispoñible a opción en liña.

Tamén cambiará o prezo da 10K paralela a Coruña42. No seu caso, a cota de 6 euros que estivo vixente desde que se abriu a inscrición pasará a 15 a próxima semana.

Preto de medio milleiro de persoas apuntáronse xa á Maratón Atlántica e case 1.000, á proba de 10 quilómetros.