martes 29 decembro 2020

COMUNICADO DA CONCELLEIRA DE DEPORTES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Desde o Concello de Santiago de Compostela, lamentamos comunicar a suspensión da “VIII San Silvestre de Santiago” prevista para o 31 de decembro de 2020. Esta decisión foi
acordada xunto coa Federación Galega de Atletismo en vista ao baixo nivel na dinámica de inscrición nesta proba solidaria.

No que respecta aos atletas que formalizaron a súa participación, infórmase que se procederá á devolución da inscrición a través da propia plataforma.

Agradecemos a comprensión e colaboración de todas e todos e desexámosvos un 2021 cheo de deporte e saúde.