sábado 01 decembro 2018

CITA COA SOLIDARIEDADE E CO DEPORTE NA CARREIRA E ANDAINA DO NADAL NA RÚA (Fonte: www.osil.info)

A Rúa prepárase para celebrar a sétima edición da Carreira e Andaina Popular do Nadal 1 kg solidario, unha proba incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo (FGA) e con saída e meta dende a praza da Estación.

Será andaina a que abrirá ás 11h. o programa. Os camiñantes afrontarán un traxecto chairo duns 9.000 metros. Media hora despois comezará a carreira dos maiores, cunha distancia de 8.000 m. As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 20 de decembro en carreirasgalegas.com, en tendas da zona ou unha hora antes da proba. O prezo da inscrición tanto na carreira como na andaina será de 7 euros.

No momento da retirada do dorsal da carreira absoluta os participantes e acompañantes poderán facer entrega de 1 quilo solidario de alimentos non perecedoiros para ser doados.

Ademais esta evento deportivo inclúe diversas carreiras para as categorías base, que comezarán ás 11:40h.Esta VII Carreira e Andaina Popular do Nadal da Rúa será organizada por Valdemove, Club Adas do Barco e polo Concello da Rúa en colaboración coa Delegación Valdeorresa da FGA.