xoves 31 outubro 2019

CHEGA A TERCEIRA PROBA DO CIRCUITO: CORRESAN RUTA DOS PARQUES (Fonte: www.corresan.com)

Tomade nota, aquí tendes os percorridos da CorreSan Ruta dos Parques, e veñen cunha leve modificación do percorrido da proba absoluta que accede ao Bosque de Galicia na parte posterior das Torres Hejduk.

Horario das probas:
  • 11.00 horas.   Proba absoluta con saída na Cidade da Cultura de Galicia e meta no Parque Eugenio Granel. 6 km aprox.
  • 12.00 horas.  Escolares 1 (sub 10 – sub 12). Saída e meta no Parque Eugenio Granel. 1 volta ao circuito de escolares. 1,25 km.
  • 12.20 horas.  Escolares 2 (sub 14 – sub 16). Saída e meta no Parque Eugenio Granel. 2 voltas ao circuito de escolares. 2,4 km.
Servizo de autobuses: A partir das 10.00 horas poderase coller o autobús na rotonda de Pontepedriña, a carón da liña de meta.
Servizo de roupeiro: En saída e meta.
Servizo de duchas e vestiarios: No polideportivo de Pontepedriña en horario de 10 a 14 horas.
Recollida de dorsais: Farase no lugar de meta e antes de coller os autobuses. A partir das 9:30 h ata 30 min antes do inicio de cada proba.

Inscríbete a través desta web!! (ligazón)