venres 15 maio 2020

CARAS COÑECIDAS EN MONTERREI (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O Complexo Deportivo de Monterrei, situado no Concello de Pereiro de Aguiar, é unha das poucas instalacións da provincia que depende directamente da Xunta de Galicia. Tamén foi das primeiras en reabrir as súas portas, nesta fase 1 da desescalada, acollendo mediante cita previa a deportistas desexosos de utilizar as súas canchas polideportivas, ademais da pista de atletismo Josefina Salgado, unha das infraestruturas con maior soleira o territorio ourensán.
A directora do centro deportivo, María Luisa Pérez Mariño, admitía que o interese dos usuarios era alto desde o inicio: «Chamadas tivemos moitas e a pesar de que a choiva molestou un pouco, si hai bastantes reservas, sobre todo, pola tarde. Hai persoas que preguntan o que deben facer para pedir cita e os detalles sobre a normativa para practicar deporte nesta fase».

O exemplo da tarde de onte foi elocuente, porque un chuvasco disuadiu a algún dos practicantes. Os que non fallaron foron os clásicos da instalación, como dúas dos árbitros de fútbol máis prometedores do comité ourensán, Zulema González González e Manuel Casanova Cudeiro. A colexiada admitía: «Estou bota po en só uno minutos, pero xa tiña ganas de volver a calzarme as botas e pisar o céspede. Por moito que che adestres en casa, hai xestos que perdes». O seu compañeiro de delegación era algo máis escéptico en canto ao futuro: «Imos ir a remolque do que fagan os profesionais. O que non descartaría é que os árbitros nos movamos menos e pitemos en nosa propia demarcación». 

Uns metros máis aló estirábanse dous atletas como Alejandro Fernández e Edymar Brea. A venezolana destacaba: «Menos mal que adestrei na cinta en casa, pero aínda así, nótase que hai moito traballo por facer. Temos que ir con calma, porque da volta á competición non temos nin idea». 

O ourensán ía nesa liña: «Hai que traballar moi aos poucos. Nos primeiros días había maniotas e varios lesionados». Xa conforta, en todo caso, ver ao gañador da San Martiño na súa pista de cada martes e xoves. A normalidade está cada vez máis preto.