xoves 07 febreiro 2019

CAIXÓNS DE SAÍDA E RECOLLIDA DE DORSAIS NA CORUÑA 21

HORARIOS DE ENTREGA DE DORSAIS
A entrega de dorsais e chip realizarase no Departamento de Deportes de El Corte Inglés de Marineda City o venres día 15 en horario de 17:00 a 21.30 horas e o sábado día 16 de 10:00 a 21:30 horas.
  • Tamén se poderán recoller os dorsais o propio día da carreira na zona de saída/meta no Obelisco, ata unha hora antes da saída (de 8:30 a 9:45 horas). Pídeselles ás persoas participantes que procuren, na medida do posible, recoller previamente o dorsal, para evitar aglomeracións.

CAIXÓNS DE SAÍDA
Cada un deses caixóns identificarase cunha cor de dorsal distintiva, cuxa orde pode consultar no documento adxunto no pé da táboa.

Haberá cinco caixóns de saída diferentes, en función dos tempos e buscando garantir que non se produzan embotellamentos no inicio da proba. Cada un deses caixóns pódese identificar cunha cor de dorsal distintiva, indicada no cadro. Pídeselles responsabilidade ás persoas atletas á hora de situarse neles para poder gozar todos o día da carreira.

Caixón 1 Verde
Homes         < 33 min en 10km e < 1h20min no medio maratón
Mulleres < 40min en 10km e < 1h35min no medio maratón

Caixón 2 Vermello
Homes         entre 33 min e 36 min en 10km e entre 1h20 min e 1h25 min no medio maratón
Mulleres entre 40 min e 43 min en 10 km e entre 1h35 min e 1h40 min no medio maratón

Caixón 3 Amarelo
Homes         entre 36 min e 39 min en 10km e entre 1h25min e 1h30 min no medio maratón
Mulleres entre 43 min e 46 min en 10 km e entre 1h40 min e 1h e 45min no medio maratón.

Caixón 4 Azul
Homes         entre 39 min e 42 min en 10km e entre 1h30 e 1h35 min no medio maratón
Mulleres entre 46 min 49 min en 10 km e entre 1h45 min e 1h50 min no medio maratón

Caixón 5 Morado
Homes e Mulleres: tempos superiores aos especificados no Caixón 4, ou sen marca