Presentamos a camiseta oficial da VI Edición da Maratón Atlántica, que forman parte da nosa identidade corporativa.
Todos os atletas, tanto da Coruña42 como da 10k, recibirán unha e esta estará personalizada en función da competición, aínda que o eixo central será o lema da carreira "A CIDADE E VOSA"
Corpo: As camisetas oficiais das carreiras son sempre un aceno de identidade das probas que representan, e nesta sexta edición optouse por unha camiseta que identifican tanto a Maratón Atlántica como á súa 10k. Con este motivo, e seguindo a imaxe das bandeirolas e cartelería editadas para esta carreira.
Todos os corredores que participen en Coruña42 recibirán unha camiseta, no momento no que recollan o seu dorsal.
A recollida de dorsais celebrarase na planta de deportes do Corte Ínguas en Marineda City, o venres día 21 de abril desde as 17:00 horas ata as 22:00 e o sábado 22 ininterrompido de 10:00 a 21:30 horas.