domingo 17 novembro 2019

BÚSCATE NA MULTITUDINARIA SANMARTIÑO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Alejandro Fernández volveu ser o máis rápido nas rúas de Ourense e, aínda que Iván Roade e Sergio Sánchez quixeron subirse ao seu tren nos primeiros quilómetros, o competidor do Ourense Atletismo marchouse en solitario pouco antes do ecuador da proba e administrou esa vantaxe ata a meta, onde volveu imitar a súa recente actuación de Negreira , cun tempo fabuloso de 29.36. A camiseta do ADAS do Barco, que portaba Roade -o cal tamén baixou dos trinta minutos- podía verse na distancia e, de feito, o de Nigrán obrigou ao vencedor a non baixar o seu ritmo. Por atrás, mentres caía Sánchez, Nando Rial (Celta de Vigo) apoderouse da terceira praza, que coroou enmeta cun detacado crono de 30.36, só vinte segundos menos que o Rubén Diz, xa que o antelano do Ourense Atletismo asinou outra brillante actuación, superando ao valdeorrés Alejo Ares, Anxo Castro e Jorge Puig, entre outros integrantes do top dez. 

Polo que respecta á proba feminina, Joselyn Brea tamén foi unha clara dominadora, repetindo o seu triunfo do 2016. A venezolana afincanda en Pontevedra -e enrolada agora no ADA Calviá-, marchouse tamén nos primeiros metros, para vencer cun tempo de 33,47, por diante de Ester Navarrete (FC Barcelona). Mantivo baixo control durante toda a proba á que era o seu principal opoñente e deixouna en meta a máis de medio minuto, en tanto que Marta Casanova (Universidade de Oviedo) perdeu un minuto e medio con respecto á vencedora.