venres 01 febreiro 2019

AS PONTES REUNIRÁ O DOMINGO AOS ESPECIALISTAS GALEGOS DE CROS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

As Pontes pasará a formar parte da historia do atletismo galego, xa que o domingo albergará, nas inmediacións do longo, a disputa da 84º edición do campionato galego absoluto, así como da categoría sub-23 e sub-20, tanto masculino como feminino, de campo a través. Unha das probas de atletismo con maior soleira no atletismo, xa non só a nivel galego, senón tamén nacional. A disputa desta competición tamén servirá para homologar o circuíto de cros, con dúas distancias unha volta de 1.000 metros e outra longa de 2.000, que se marcou nas inmediacións da praia do lago. Esta homologación permitirá que este circuíto albergue calquera proba oficial.

Este autonómico de cros estará organizado polo club Olympo das Pontes, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e o Condello das Pontes. Contará coa participación de preto de 600 atletas en representación de clubs de toda Galicia, entre eles, o Ría Ferrol-Concepción Arenal, Náutico de Narón, Atletismo Narón, Atletismo Fene, Trieume das Pontes e o club Corredores Populares da Armada.

A primeira saída está prevista para as 10.30, será a da categoría sub-20 mulleres, que farán fronte a un percorrido de 5.000 metros; ás 11 horas partirán os sub-20 homes, que farán fronte a 7.000 metros; ás 11.35 iniciarase a carreira de sénior e sub-23 mulleres, que terán que percorrer 9.000 metros; ás 12.35 iniciarase a carreira de sénior e sub-23 homes, igualmente cun percorrido de nove quilómetros.

Esta proba é clasificatoria para o Campionato de España por clubs. Ademais, tamén servirá para decidir os integrantes da selección galega que participará, o día 10 de marzo, no Campionato de España de Federacións de campo a través, que se celebrará en Cáceres.

Entre os participantes que tomarán parte neste campionato galego de cros das Pontes sobresaen deportistas como Manuel Furtado, Alejo Ares, Esther Navarrete, Paula Mayobre, Sandra Mosquera, así como os mozos Adrián Laje, Aldo Rei , Inés Portela, Iván Pontes, Vicente Suárez e Inés Breijo, entre moitos outros competidores.

Esta carreira espertou unha enorme expectación na comarca, non en balde se trata dunha competición única en Galicia. Ademais, nesta ocasión disputarase nunha contorna paisaxística incrible, co que se recupera a esencia coa que naceu o campo a través.

O circuíto está á beira da praia e fai posible que os afeccionados poidan gozar practicamente de todo o percorrido dos atletas.