xoves 14 outubro 2021

AS GRANADES ESTRELAS DO GRAN FONDO CAIXABANK 2021 (Fonte: www.sgpontevedra.com)

O Gran Fondo  CaixaBank xa está case en marcha. O domingo, 17 de outubro darase o pistoletazo de saída a unha nova edición do medio maratón e, por segundo ano, tamén do 10km.

Un total de 950 atletas correrán polas rúas de Pontevedra a partir das 10:00 h da mañá (horario no que empezan o 10km). Precisamente na proba curta, participarán dúas dos atletas máis destacados do  mediofondo do club organizador, da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

Duelo entre atletas de casa
Carlos Porto é un dos favoritos para levar o triunfo. Xa foi o gañador na edición do 2019 e vai en busca de manter o liderado. Ademais, é o vixente campión galego dos 3000 ml en pista e subcampión autonómico nos 1500, galardóns que lle dan a confianza suficiente para ir a por o ouro o domingo. Fronte a el terá ao seu compañeiro de equipo e de adestramentos, Adrián Lago; quen, tras un ano de parón por lesións, volve competir.

Na sección feminina, unha das atletas máis destacadas é Ángeles Castro, atleta de  Miler  Vintage  Running Club. Foi subcampioa nesta distancia en 2019 e este ano buscará subirse todo o máis alto do  pódium.

Dous dos históricos buscarán o ouro
Ás 10:30 h, media hora máis tarde, comeza o medio maratón. Nel observaremos un duelo entre Manuel Hurtado, atleta e adestrador da Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o deportista que máis veces gañou este evento (tres en total); e Álvaro Prieto, un dos habituais nesta proba. Foi segundo nas dúas últimas edicións, así que vén con ganas de levar a vitoria este ano.

A eles, faranlle fronte, entre outros, Carlos  Villamor, que foi internacional en categorías xuvenís, e Manuel Lorenzo, atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra e que, recentemente, quedou de 29 no Campionato de España de Medio Maratón.

En categoría feminina todo apunta a que  Edymar Brea gañe o medio maratón por segundo ano consecutivo. A atleta que milita no Ourense Atletismo venceu na edición pasada con moita solvencia e buscará repetir galardón. Tamén estará Sara Castelo, que foi terceira en 2020 e que quere seguir escalando postos no  pódium.

Todos estes duelos veranse o domingo, 17 de outubro en Pontevedra. A partir das 10:00 h a distancia pequena e desde as 10:30 h o 21.097km. As saídas serán en grupos de 100 persoas repartidas cada dous minutos.

A partir das 13:00 h entregaranse os premios na pista de atletismo do  CGTD de Pontevedra así que aí é cando saberemos se estes nomes destacados haberán conseguidos os seus obxectivos e escribirán o seu nome na historia do Gran Fondo  CaixaBank de Pontevedra.