mércores 13 xullo 2022

ARES VIVIRÁ A XXX EDICIÓN DA SÚA MILLA URBANA (Fonte: Concello de Ares)

A concelleira de Deportes, Noelia Montero; a tenente alcalde, Alma Barrón; o técnico municipal, Javier Sánchez, e o delegado ferrolán da Federación Galega de Atletismo, Paulino Cartelle, veñen de presentar no consistorio de Ares a Milla Urbana, unha iniciativa que cumpre trinta anos e que se converte xa nunha das máis singulares da localidade. 
No acto de presentación, os axentes implicados afondaron na idiosincrasia do evento, que conta cun carácter notablemente interxeracional e que se celebrará o 6 de agosto ás 11:00 horas aproximadamente. Con 15 categorías distintas que varían en función de idade e percorrido, a XXX Milla Urbana ten a suficiente amplitude coma para que participen dende nenos e nenas de 3 anos ata as persoas máis maiores. O deporte convértese nunha ferramenta para que desfruten o conxunto das unidades familiares, dende avós ata pais, nais e fillos. 
A iniciativa abarcará dende o paseo marítimo de Ares, próximo á Praza da Igrexa, ata o peirao deportivo, en percorridos que permutan entre os 50 metros para os prebiberóns e os 1609 metros (a propia milla náutica). O proceso de inscrición xestiónase de maneira totalmente telemática a partir da páxina web www.carreirasgalegas.com e habilítase dende hoxe ata o martes, 2 de agosto, cun prezo de 1 euro. 
Esta XXX Milla Urbana contará coa colaboración non só da Federación Galega de Atletismo, senón tamén de Coca Cola Iberian Partners. 

Fonte: Concello de Ares