martes 12 xullo 2022

AMPRIADO O PLAZO DE INSCRICIÓNS PARA A CARREIRA POPULAR DO APÓSTOLO ATA MAÑÁ MÉRCORES 13/07/2022 (Fonte: ADRODEVILAÑO)

A Asociación Cultural Adro de Vilaño rexistra un magnífico dato de participación no seu evento deportivo, a V Carreira Popular do Apóstolo. A Organización móstrase máis que satisfeita coa boa aceptación que reflexan os números, posto que a falta dunhas horas para o peche de inscripcións, os inscritos xa superaron a barreira dos 500 inscritos.

Como mostra do gran aumento de inscripcións que se están facendo nas últimas horas, a Organización decidiu ampliar o plazo de inscripcións ata mañá mércores día 13 de xullo as 14:00 horas, pero só a través da plataforma online www.carreirasgalegas.com. Os puntos de inscripción presenciais quedaron pechados hoxe martes.

A quinta edición quenta xa motores e todo indica que volverá a ser unha gran festa do deporte, con moitos atletas de recoñecido prestixio e con unha andaina que se celebra de forma paralela que vai camiño de superar as 250 persoas.