luns 04 xullo 2022

AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRICIÓN I MEDIA MARATÓN E 10QM CAMIÑO INGLÉS

A organización da I Media Maratón e 10QM Camiño Inglés ven de ampliar o  prazo de inscrición para a proba deportiva que terá lugar o día 9 de xullo ás 10:00 horas. 
O prazo de inscrición estará aberto ata o día 7 de xullo ás 23:59 horas. 

A recollida de dorsais realizarase o propio día 9 de xullo de 8:00 a 9:00 horas na zona de meta (ao carón da piscina municipal de Sigüeiro). 
Haberá servizo de autobuses desde a meta ás distintas saídas da proba, servizo de quiromasaxistas, gardarooupas, premios económicos para os clubs federados e camisetas de agasallo para todos os corredores. 

Máis información e inscricións en www.carreirasgalegas.com.