Despois dunha semana de vento e choiva, o sábado recuperou unha estampa asollada, con pouco máis de dez graos de temperatura, para acoller unha nova edición do Ruta da Prata-Angrois, segunda proba puntuable para o circuíto de carreiras saudables CorreSan. O vencedor absoluto foi Amador Pena, que fixo valer o seu mellor final nunha proba moi rifada. O corredor da Sociedade Deportiva Compostela avantaxou en seis segundos a Yago Ignacio García, do Club Atletismo Santiago, e en quince a Pedro Liste, do Tríatlon Compostela.
Fonte: www.lavozdegalicia.es