luns, 01 de xaneiro de 2018

ALEJANDRO MONTERO VENCE NA SEGUNDA SAN SILVESTRE DA CAPITAL OURENSÁ (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

En Ourense tivo lugar a segunda edición da súa San Silvestre do 31 de decembro, que contou cunha boa participación e 732 corredores lograron clasificarse na liña de meta tras disputar os cinco quilómetros do percorrido. Alejandro Montero, do club Ourense Atletismo, posicionouse primeiro na liña de meta, cun tempo de 17.15 minutos. Segundo foi o veterano  Elpidio Gómez, con 17.26 e terceiro Julio Nóvoa, do Atletismo Arenteiro, foi terceiro cun rexistro de 17.30  min.

Álex Domínguez  Forno foi o primeiro en cruzar a meta entre os  sub 19, con 18.11  min. Entre as mulleres, a primeira foi  Uxía Rodríguez Negreira, do club deportivo La Purísima.

Fonte: www.lavozdegalicia.es