luns 17 febreiro 2020

ALEJANDRO FERNÁNDEZ, INTRATABLE EN OIA (Fonte: www.laregion.es)

Alejandro Fernández suma e segue.
O atleta ourensán está a callar a mellor tempada da súa carreira. Na súa mente, a curto prazo, o Nacional de pista cuberta de Expourense.
E a mellor forma de preparar esa cita tan especial é competindo.
Na xornada de onte desprazouse ata Vigo para tomar parte nunha carreira de campo a través, o  XLIII Trofeo San Miguel de Oia. Unha proba sobre 8 quilómetros de percorrido que venceu con 13 segundos de vantaxe sobre o portugués Nuno Costa.