venres 14 xuño 2019

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA A TERCEIRA MILLA URBANA (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O 22 de xuño celébrase a terceira edición da Milla Solidaria. Co habitual carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá parar a Cruz Vermella Ourense. O Club Deportivo  Aurum volve organizar unha proba que se desenvolverá na rúa do Paseo, no tramo comprendido entre cálea Concordia e o Parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola  RFEA, no que catro voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 metros, adaptándose a distancia para percorrer á categoría.

A partir das 18.00 horas dará comezo a xornada coa disputa das categorías  sub-18 e  sub-20. Despois celebraranse as carreiras de categorías inferiores ata as 19.00 horas, cando terá lugar a de  pitufos (sobre unha distancia de 100 metros). A partir de aí comezarán as probas absolutas, sendo os máster os primeiros en competir e os  sub-23 e sénior, os últimos. A inscrición (www.carreirasgalegas.com) estarán aberta ata o 19 de xuño ás 20.30 horas, podendo doarse unha axuda para Cruz Vermella co dorsal 0.