venres 17 xuño 2022

ABERTA A INSCRICIÓN Á MILLA DE LOURENZÁ E CAMPIONATO GALEGO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Lourenzá xa quenta motores para converterse en capital do atletismo galego o vindeiro sábado 25 de xuño. En www.carreirasgalegas.com xa se abriu a inscrición á V Milla Fin de Etapa Camiño Norte, que será tamén o  XIII Campionato de Galicia de milla en roteiro e de 1.000 metros para menores, todo iso sobre un circuíto homologado.