domingo 22 agosto 2021

A SEXTA CARREIRA POPULAR ABANCA SEMANA VERE CELEBRARASE O 3 DE SETEMBRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

Entre as actividades programadas para a  Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia do 3 ao 5 de setembro, atópase a súa competición de atletismo, con gran popularidade nos últimos anos. Deste xeito, o 3 de setembro realizarase a sexta edición da Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia. Nesta edición farase cumprindo co protocolo  Fisicovid- DXT  Galego.

A carreira estará organizada pola entidade feiral e a Federación  Galega de Atletismo e dará comezo a partir das 19.20 horas. O seu percorrido incluirá de novo unha pequena parte dentro do recinto e o resto en zonas exteriores. Celebrarase en dúas categorías, a Escolar, que inclúe  pitufos,  sub-10, 12, 14, 16 e 18; e a absoluta, con  sub-20,  sub-23, sénior, máster A,  B  C e D.

A inscrición custa cinco euros para a categoría absoluta, sendo gratuíta para a escolar. O prazo para anotarse termina o vindeiro mércores 1 de setembro.