martes 18 xuño 2019

A MILLA URBANA SOLIDARIA REGRESA O DÍA 22 AO PASEO (Fonte: wwwfarodevigo.es)

A rúa do Paseo volverá acoller, o sábado 22, a Milla urbana solidaria, que este ano chega á súa terceira edición. Concibida con carácter benéfico, nesta ocasión todo o recadado irá parar a Cruz Roja Ourense (os dous primeiro anos, o beneficiario foi a Asociación española contra o cancro).

A competición desenvolverase no tramo comprendido entre Concordia e o parque de San Lázaro, nun circuíto homologado pola Federación española no que catro voltas completarán a distancia dunha milla, 1.609,35 metros.

A xornada arrincará ás seis da tarde coa disputa das categorías  sub18 e  sub20. Acto seguido será a quenda das categorías inferiores, para ás sete comezar a carreira dos máis pequenos, sobre cen metros. Tomarán a substitución as probas absolutas, primeiro os máster, despois os  sub23 e finalmente os sénior.

O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 19 ás oito e media da tarde, e dado o carácter solidario da proba poderase doar unha axuda para Cruz Roja Ourense mediante o dorsal 0.