mércores 11 abril 2018

A CUARTA EDICIÓN DA SANTYAGO10K RESERVA 50 DORSAIS PARA PEREGRINOS (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A cuarta edición da carreira SantYaGo10K Peregrina reservará 50 dorsais para que os peregrinos que cheguen a Santiago nos días previos ou no mesmo día da proba teñan a oportunidade de participar. Poderán realizar a súa inscrición no posto que habilitará a organización na praza do Obradoiro o día da carreira, que será o 28 de abril.

Esta cuarta edición comezará ás dez da noite en San Francisco e os corredores empezarán a chegar á meta a partir das dez e media, despois de percorrer un circuíto de 10 quilómetros homologado pola Federación Española de Atletismo. Deste xeito, todas as marcas serán válidas para competicións oficiais.

Neste momento, a carreira xa conta con preto de 500 atletas inscritos. O obxectivo dos organizadores é chegar aos 2.000 participantes como sucedeu nas anteriores edicións.
Para esta edición sinaláronse dous prazos de inscrición. O primeiro será ata o 15 de abril, cun prezo de 7 euros. O segundo, ata o 22 de abril, cun prezo de 15 euros. Os socios do Multiusos Fontes do Sar e de Santa Isabel terán un prezo especial de 5 euros si inscríbense presencialmente antes do día 23.