mércores 31 outubro 2018

A CARREIRA CONTRA O CANCRO TERÁ LUGAR O 11 DE NOVEMBRO (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

A sexta edición da Carreira solidaria contra o cancro Corre por Ferrol terá lugar o domingo, 11 de novembro, con saída e meta no Cantón de Molins. Así o comunicaron onte o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, a presidenta da delegación AECC en Ferrol, Isabel Estevan, e Alberto Calvo, responsable técnico do evento.

percorrido, pola rúa Irmandiños e o centro, e de volta ata o Cantón, suma cinco quilómetros de proba. Para realizar a inscrición e recoller os dorsais pódese consultar a web www.carreirasgalegas.com, así como o regulamento íntegro.

O prazo para anotarse termina o 7 de novembro ás 23.59 horas. A carreira está organizada coa colaboración e a beneficio da Asociación Española contra o Cancro de Ferrol, baixo o control da Federación de Atletismo.