xoves 31 outubro 2019

A CARREIRA CONTRA O CANCRO QUERE SUPERAR OS 4.000 PARTICIPANTES (Fonte: www.lavozdegalicia.es)

O domingo día 10 de novembro disputarase a sétima edición da Carreira contra o Cancro, que foi presentada no Concello de Ferrol, nun acto no que participaron Isabel Estevan, Mabel Sanesteban, Ana Eyaralar e Alberto Calvo, por parte da organización, a delegación ferrolá da Asociación Española de Loita contra o Cancro, así como Antonio Golpe, edil de Deportes. Tanto os organizadores como o edil de Deportes animaron a todos os ferroláns a tomar parte nesta actividade solidaria. Confían en bater as cifras de participación da pasada edición, que se foi aos 4.000 participantes.

Haberá unha carreira para os máis pequenos, desde os biberóns aos 14 anos, e tamén unha proba para os maiores, a carreira absoluta, cun percorrido de cinco quilómetros. Un trazado urbano, chairo e alcanzable a todos os afeccionados. Tanto a saída da proba como a chegada estará situada no Cantón de Molins, o mesmo que en edicións anteriores. As probas para os máis pequenos comezarán ás dez da mañá, mentres que a carreira absoluta arrincará ás once da mañá.

A inscrición custa 8 euros (dous para os máis pequenos, a modo simbólico). Todos os interesados poden inscribirse na web www.carreirasgalegas.com. Tamén se pode acudir á sede ferrolá da Asociación Española contra o Cancro, na rúa Real, 6, 1º D. O horario será de 9 da mañá a cinco da tarde este semana e a próxima de 9 a 19.30 horas.


Fonte: www.lavozdegalicia.es