luns 02 xuño 2014

1ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

O Concello de San Sadurniño e o C.P.I de San Sadurniño van organizar o vindeiro día 8 de xuño, domingo, a primeira edición da “Carreira Popular Concello de San sadurniño”, co propósito de  promover a práctica deportiva no noso municipio e de por en valor o espazo por onde trascorre a carreira xa que temos un entorno privilexado para a realización deste tipo de probas deportivas.

Os municipios teñen como unha das súas competencias o fomento de hábitos saudables, é por iso, que o Concello de San Sadurniño fai uso desa competencia para a realización deste evento deportivo. Por estas razóns o Concello E O C.P.I queren organizar de forma anual esta carreira popular

As inscricións online poderanse facer na web www.carreirasgalegas.com ata o 5 de xuño (inclusive)

O Concello de San Sadurniño e C.P.I de San Sadurniño agradecen o apoio das empresas patrocinadoras, pois o seu esforzo e colaboración é fundamental para que a realización da carreira.