Tempo para o inicio da carreira

Días Horas Min. Seg.

Brión, sábado 05 outubro 2019

XXXVII CARREIRA POPULAR DA AMAÍA. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 24 inscritos 18:00 9,5 km 02/10/2019 5,00 plazas
SUB 16 E SUB 14 4 inscritos 17:45 1,5 km 02/10/2019 0,00 plazas
SUB 12 3 inscritos 17:30 0,5 km 02/10/2019 0,00 plazas
SUB 10 13 inscritos 17:20 0,5 km 02/10/2019 0,00 plazas
PREBENXAMÍN 24 inscritos 17:10 0,35 km 02/10/2019 0,00 plazas
PITUFO 31 inscritos 17:00 0,1 km 02/10/2019 0,00 plazas
Inscribirme Total: 99 inscritos

O Concello de Brión organiza a XXXVII edición da súa carreira popular o sábado 5 de outubro de 2019 a partir das 17 horas na Carballeira de Santa Minia (Brión) baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Esta carreira é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada e está integrada dentro do VII Circuíto de Carreiras Populares de Deputación de A Coruña 

A proba absoluta da XXXVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA realizarase sobre un circuíto de 4,75kms (98% asfalto e 2% terra en bo estado) que os participantes terán que completar dúas veces (9,5kms). O deseño deste trazado fai que a carreira sexa moi vistosa para o público ademais de rápida e amena para o participante. En canto aos circuítos das carreiras de menores desenvolveranse nas inmediacións da Carballeira de Santa Minia. 

INSCRICIÓN: Ata o mércores 2 de outubro de 2019 ás 14:00h. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. 

RECOLLIDA DE DORSAIS: O horario de apertura da secretaría para a recollida de dorsais será as 16:00 h. na Casa da Cultura do Concello de Brión e poderán recollerse ata 30 minutos antes do inicio da proba. 

SERVIZOS: O Concello de Brión porá a disposición dos participantes na carreira o Pavillón Polideportivo de Brión para que se poidan duchar. Así mesmo tamén porá a disposición dos corredores un servizo de gardarroupa situado na Casa da Cultura. 

Haberá un avituallamento líquido na liña de meta para tódolos participantes e para os da carreira absoluta haberá dous avituallamentos líquidos situados nun punto intermedio do circuíto. 

PREMIOS / TROFEOS  

  • Así mesmo recibirán trofeo e premio en metálico os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta. Os premios económicos establécense da seguinte maneira: 

 1º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 200 € + TROFEO 200 € + TROFEO

2º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 170 € + TROFEO 170 € + TROFEO
3º CLASIFICADO/A ABSOLUTO/A 150 € + TROFEO 150 € + TROFEO

 

  • Outorgaranse trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto feminina como masculina, agás nas categorías PITUFO/A e PREBENXAMÍN que non serán competitivas. 
  • Na carreira absoluta tamén recibiran trofeo os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta empadroados no Concello de Brión (para optar a este premio os atletas deberán estar correctamente empadroados no Concello de Brión no momento de formalizar a inscrición) 
  • Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos, exceptuando os correspondentes aos empadroados no Concello de Brión. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira. 
  • Todos os participantes das categorías PITUFO/A E PREBENXAMÍN recibiran unha medalla conmemorativa. 
  • Todos os participantes que consigan rematar a proba recibirán unha CAMISETA TÉCNICA agasallo da organización como recordo da súa participación. 

REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA