Ferrol, domingo 13 xaneiro 2019

XXXVI CARREIRA POPULAR SAN XIAO

A XXXVI CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 13 de xaneiro de 2019 a partir das 11.00 h da mañá. A
  • A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.
  • A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto
  • Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillón Municipal de Esteiro.