Meaño, domingo 11 setembro 2022

XXXVI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MEAÑO

O concello de Meaño achega outro ano máis unha das probas con máis arraigo e participación do calendario Galego de atletismo. Caracterízase por ser unha proba gratuíta, e convídase a tódolos participantes a achegar 1 quilo de alimentos non perecederos cando recollades o dorsal o día da proba. 

A organización agarda de todos os participantes o mellor espirito deportivo desfrutando das diferentes probas:

  • Circuíto longo (Maiores de 13 anos)
  • Circuíto mediano, curto e supercurto (Menores de 13 anos)
  • Andaina non competitiva (Tódalas idades)