Leiro, domingo 02 xullo 2023

XXXIXCARREIRA POPULAR DE LEIRO

HORA: a partir das 10:00 h.

LUGAR: Leiro (Ourense). Zona de Saída-Meta e Organización na Área Recreativa do Salgueiral (ó lado do Campo de Fútbol)

DISTANCIA: de 100 m. A 10.000 m. aprox.

ORGANIZA: Concello de Leiro

Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada polo Comité Galego de Xuíces.

RECOLLIDA DE DORSAIS: Na Área Recreativa do Salgueiral ó lado do Campo de Fútbol o día da proba desde as 8:00 da mañá ata 15 minutos antes de cada proba.

A organización con antelación suficiente, facilitará a cada participante as instrucións para a recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos soportes dixitais que a organización utilice para a promoción e información do evento.