Narón, domingo 01 decembro 2019

XXXIV MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA A RÍA

O Concello de Narón, en colaboración cos Concellos de Fene, Ferrol e Neda, organiza a XXXIV edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. As probas terán lugar o día 1 de decembro de 2019 a partir das 10:00 horas, e contarán tamén con probas para categorías de menores.   

A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Policía Municipal dos catro Concellos, que regularán o tránsito ao longo do percorrido. 1.3.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilitados pola organización, as agrupacións de Protección Civil dos catro Concellos citados, así como algunha outra entidade de voluntarios doutros concellos aos que se solicite colaboración no caso de ser necesario. Entre os colaboradores estará tamén  Aefat (Asociación  que agrupa á familias afectadas por ataxia telangiectasia en España). Outros colaboradores serán  o Club Atletismo Narón, A.D Náutico Narón, Club Pasa ou Entorna e outros clubs inscritos no Concello de Narón.  
 O percorrido será de media maratón (distancia non homologada)
A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
Inscricións: ata o mércores 27 de novembro de 2019  ás 23:59 horas.
Retirada de dorsal:
  • Venres 29 de novembro de 12:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ( estrada da Gándara, 148 15.570 – Narón) 
  • Sábado 30  de  novembro 9:00 a 13:30 e 16.00 a 21.00  no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara ( estrada da Gándara, 148 - 15570– Narón) 
  • Domingo 1 de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas na Praza de Galicia do Concello de Narón O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación, debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.