Ferrol, domingo 02 decembro 2018

XXXIII MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA A RÍA

O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Fene, Narón e Neda, organiza a XXXIII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. As probas terán lugar o día 2 de decembro de 2018 a partir das 10:00 horas,e contarán tamén con probas para categorias de menores.   

Retirada de dorsal

• Venres 30 de novembro de 12:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no Pavillón de A Malata ( estrada de A Malata s/n 15.405 Ferrol)  

• Sábado 1 de decembro de 9:00 a 13:30 e 16.00 a 21.00  no Pavillón de A Malata  

• Domingo 2 de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas nas carpas habilitadas da secretaría da proba na Praza de España.