Fene, domingo 03 decembro 2017

XXXII MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA A RÍA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ABSOLUTA 694 inscritos 10:00 21 km 29/11/2017 4,00 plazas
SUB 18 - SUB 16 30 inscritos 10:02 4 km 29/11/2017 0,00 plazas
SUB 14 - SUB 12 48 inscritos 10:20 2 km 29/11/2017 0,00 plazas
SUB 10 25 inscritos 10:35 1 km 29/11/2017 0,00 plazas
SUB 8 26 inscritos 10:45 0,2 km 29/11/2017 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 823 inscritos

O Concello de Fene, en colaboración cos Concellos de Ferrol, Narón e Neda, organiza a XXXII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. As proba terán lugar o día 3 de decembro de 2017 a partir das 10:00 horas, emperzando cas probas de menores.

PARTICIPANTES: A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo.
A SAÍDA E META: serán no Pavillón polideportivo da Xunqueira – San Valentín.
INSCRICIÓNS: Poderanse realizar inscricións ata o mércores 29 de novembro ás 23:59  horas.
RETIRADA DE DORSAL, CHIP E OBSEQUIO CONMEMORATIVO: Os participantes poderán retirar os dorsais e chips  o sábado, 2 de decembro, de 10:00 a 14:30 h. e de 16:00 a 20:30 h. no Pavillón polideportivo da Xunqueira -  San Valentín (Porta posterior do Pavillón contra o centro de ensino CPI  A Xunqueira). 
O día da proba entregaranse dorsais de 8:00 a 9:00 horas no mesmo lugar que o día anterior  (Porta posterior do Pavillón polideportivo da Xunqueira contra o centro de ensino CPI  A Xunqueira).
AVITUALLAMENTO: Existira avituallamento líquido, aproximadamente nos quilómetros 5, 10, 15 e 20 do percorrido. Na zona de meta establecerase o avituallmento final (líquido e sólido).
TROFEOS E PREMIOS 
  • A entrega de premios realizarase ás 13:00 horas no Pavillón polideportivo da Xunqueira (San Valentín)
  • Os/As tres primeiros clasificados/as de cada categoría tanto masculina como feminina recibirán un trofeo. Os/As tres primeiros/as da absoluta masculina e feminina tamén recibirán trofeo. Agás os nenos e nenas da categoría sub 8 que recibirán un agasallo todos eles.
  • O corredor ou corredora mais veterano/a e o/a máis novo/a en acabar a proba recibirán un trofeo conmemorativo.