Neda, domingo 04 decembro 2016

XXXI MEMORIAL ADOLFO ROS - VOLTA A RÍA


O Concello de Neda, en colaboración cos concellos de Fene, Ferrol e Narón, organiza a XXXI edición do medio maratón "Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría" A proba celebrarase o día 4 de decembro de 2016 a partir das 10:00 horas. 

O percorrido será de media maratón sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Neda, Fene, Ferrol e Narón. 
  • A proba está incluída dentro do calendario oficial da FGA.
  • A saída e meta será no pavillón de San Isidro (Neda). 
  • O Percorrido estará sinalizado cada 5 Km. 
  • O tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 20 minutos. 
INSCRICIÓNS: Dende o luns 24 de outubro ata o mércores 30 de novembro. 
RETIRADA DE DORSAL, CHIP E CAMISETA CONMEMORATIVA: Os participantes poderán retirar o dorsais e chips o venres 2 de decembro de 10:30 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 h; tamén o sábado 3 de decembro de 10:30  a 14:00 h, en TRINITY, Av. de Cataluña 45, Narón ( A Coruña ). O día da proba entregaranse dorsais de 08:00 a 09:00 h no lugar da saída, (pavillón polideportivo San isidro, Neda) Os menores poderán retirar o seu dorsal ata 30 minutos antes do comezo da súa proba no lugar de saída, (pavillón polideportivo San isidro, Neda) 
AVITUALLAMENTO: Existirá avituallamento líquido, aproximadamente nos quilómetros 5, 10, 15 e 20 do percorrido.  Na zona de meta establecerase o avituallamento final (líquido e sólido).