Carnota, domingo 26 agosto 2018

XXVII CARREIRA DAS AREAS CONCELLO DE CARNOTA. V CIRCUÍTO CORRENDO POLA COSTA DA MORTE

O Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte” é un programa anual de carreiras populares, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Dito circuíto está promovido e organizado por un conxunto de concellos da Costa da Morte: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 2 anos, nados no 2015).