XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL
Organiza Concello de Cambre e Federación Galega de Atletismo. Esta carreira está integrada dentro das 30 carreiras do VI Circuíto de Carreiras Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2018
LUGAR DE SAÍDA: Polideportivo Municipal de Cambre, Sofía Toro (detrás do Concello)
INSCRICIÓNS: Ata as 20:00h do DOMINGO 12 de Agosto. Non se admitirá baixo ningún concepto ninguna inscripción posterior á devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
RECOLLIDA DE DORSAIS: No Pabillón Sofía Toro de Cambre o martes 14 de agosto de 17:00 a 21:30 e, o mesmo día da carreira, entre as 9:15 h e as 10:30 h. Recoméndase chegar con tempo suficiente para evitar colas de última hora.
TROFEOS E PREMIOS:
- Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como feminina agás na categoría de Minis.
- Na categoría minis todos os corredores recibirán un agasallo.
- Trofeo ao corredor/a de maior idade que termine a proba.
- Trofeo ao corredor/a de menor idade que termine a proba.
- Trofeo ao primeiro e primeira atleta clasificado/a de o Concello de Cambre, ben que resida no municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Cambre.
REGULAMENTO DO CIRCUÍTO