Noia, sábado 03 setembro 2022

XXIV CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA

O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizarán conxuntamente a XXIV edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 3 de setembro de 2022 na localidade de Noia baixo o control técnico do comité galego de xuices da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo.
Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación conxunta.

HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma na Alameda de Noia e a carón da Casa do Concello.

20:30 h Chupete Pitufo (250 metros aprox.)
20:37 h Pitufo (350 metros aprox.)
20:45 h Sub 10 e Sub 12 (1000 metros aprox.)
21:00 h Sub 14, Sub 16 e Sub 18 (3000 metros aprox.)
21:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster (8000 metros aprox.)
22:45 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)

INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición rematará o mércores 31 de agosto ás 23:59 horas, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.
TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO