Ribeira, sábado 24 setembro 2022

XXIII CARREIRA POPULAR SANTA UXÍA DE RIBEIRA. VIII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DA CORUÑA.

O Concello de Ribeira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 24 de setembro de 2022, a partir das 17.00 horas, a XXIII edición da Carreira Popular de Santa Uxía que formará parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, así como do V Circuíto de Carreiras Barbanza Arousa.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación
Galega de Atletismo.
INSCRICIONS: ata límite o mércores 21 de setembro ás 23.59 horas.
PREMIOS
Na XXIII Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
a) PREMIOS ECONÓMICOS PROBA DE 10 kilómetros:
1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
3º clasificado/a 90,00 euros + trofeo
RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS: Realizarase o día da proba na zona do Malecón, en caso de mal tempo trasladarase o AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde, ata media hora antes do inicio de cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descualificado.