Noia, sábado 01 setembro 2018

XXII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizan conxuntamente a XXII edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 1 de setembro de 2018 na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do VI CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Inscricións: O prazo de inscrición rematará o xoves 30 de agosto ás 23:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.

Recollida de dorsais:  os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAÍDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba. 

Horario

  • 21:00 h Chupete (250 metros aprox.)
  • 21:10 h Pitufo (350 metros aprox.)
  • 21:15 h Sub 10 (benxamín) e Sub 12 (alevín) (1000 metros aprox.)
  • 21:30 h Sub 14 (Infantil), Sub 16 (Cadete) e Sub 18 (Xuvenil) (3000 metros aprox.)
  • 22:00 h Sub 20 (Junior), Sub 23 (Promesa), Senior e Máster (Veteráns) (10 km aprox.)
  • 23:15 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)

Servizos:

  • Haberá dous puntos de avituallamento: un situado aproximadamente a metade de percorrido, e outro situado na liña de meta.
  • Habera servizo de duchas no polideportivo municipal de Noia disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

REGULAMENTO DO CIRCUÍTO