Ordes, domingo 11 setembro 2016

XXI CARREIRA POPULAR DE ORDES. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

Saída Distancia Inscrición ata Prezo
ADULTOS 193 inscritos 10:50 9,5 km 07/09/2016 4,00 plazas
INFANTIL E CADETE 24 inscritos 10:00 3 km 07/09/2016 0,00 plazas
BENX E ALEVÍN 58 inscritos 11:00 1 km 07/09/2016 0,00 plazas
BABY E PREBENXAMÍN 60 inscritos 10:30 0,5 km 07/09/2016 0,00 plazas
Inscrición finalizada Total: 335 inscritos
INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición rematará o mércores 7 de setembro de 2016 ás 22:00 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
DORSAIS: Os dorsais e os CHIPS recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita na Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.
SERVIZOS: 
  • Habera servizo de duchas na piscina municipal a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas.
  • Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán avituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.
*Os equipos, clubes, centros… que desexen obtar os premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á dirección FGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do clube cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a ten). 
Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680002 e 981 680157. 
 
TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
  • Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín (en mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3  primeiros homes da carreira XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANAS/OS. 
  • Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis veterano que logre concluila proba (da súa categoría, claro).  
Os trofeos non serán acumulativos.

PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 150 €
2º Clasificado/a:    80 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a:    50 €

PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e VETERANOS/AS)
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado:  50 €

PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €
3º Grupo Clasificado:  50 €

*Na clasificación por grupos do municipio poderán entrar todas as asociacións, clubes, equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5 DO REGULAMENTO) e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos grupos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación.
* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores  so poderán estar anotados ou a través dunha asociación, clube ou dun centro educativo, non poderá figurar en dúas entidades.