Noia, sábado 02 setembro 2017

XXI CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE NOIA. V CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Noia coa colaboración do Clube Atletismo Noia (CAN) organizan conxuntamente a XXI edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 2 de setembro de 2017 na localidade de Noia baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba formará parte do V CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA e se rexirá polo seguinte: 

Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

HORARIO DAS PROBAS
21:00 h Chupete   (250 metros aprox.)
21:07 h Pitufo        (350 metros aprox.) 
21:15 h Benxamín e Alevín             (1000 metros aprox.)
21:30 h Infantil, Cadete e Xuvenil  (3000 metros aprox.)
22:00 h Junior ,Promesa,Senior e Veteranos   (8 km aprox.)
23:15 h ENTREGA DE PREMIOS (ALAMEDA)

INSCRICIÓNS: O prazo rematará o mércores 30 de agosto ás 23:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. 
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais de competición recolleranse na zona da Alameda, a carón da SAIDA das probas ata media hora antes do inicio de cada proba.