O Concello de Ames organiza co control técnico do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, o domingo 23 de outubro a XXI CARREIRA PEDESTRE POPULAR que será a súa vez CAMPIONATO DE GALICIA DAS CATEGORÍAS SUB 20, SUB 23, ABSOLUTA E MÁSTER DE 10 KM EN RUTA DA TEMPADA 2022/2023. Esta proba pertence ao VIII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.
As probas disputaranse o domingo, 23 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto será urbano e homologado pola RFEA e estará debidamente sinalizado e contará con indicacións en cada quilómetro.
Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. Para o Campionato de Galicia de 10 km en ruta deberase estar en posesión de licencia federativa en vigor da tempada 2022.
Lugar: Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (Inmediacións da Casa do Concello)
Inscrición popular: ata o mércores 19 de outubro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido, nin o día da carreira.
Retirada de dorsais: poderán retirararse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 22 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para non gardar colas recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.
Trofeos e premios en metálico
Servizos: Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal de Bertamiráns. Tamén haberá servizo de gardaroupa para todos/as participantes que o desexen.