Padrón, sábado 04 febreiro 2023

XX PADRÓN 10K

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

PERCORRIDOS: A saída e chegada das probas estará situada no Campo do Souto.
Os circuítos da proba absoluta de 10 km e 5 km en ruta, estarán homologadas pola Real Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking oficial de ambas distancias (5 k e 10 k).
INSCRICIÓNS: ata as 23:59 horas do mércores 1 de febreiro. A partir da citada data non se admitirán inscricións.
DORSAIS: A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora antes do inicio de cada proba.
SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES: 
  • Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar (para homes e mulleres) e Pavillón do Souto (só para homes). Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de meta. Horario: 15:30 a 19:30 horas.
  • Obsequio para tod@s @s participantes.
  • Fotografía profesional
  • Avituallamento intermedio (km 5) e en liña de meta.
  • Servizo de cronometraxe por chip de un só uso (emesports).
  • Servizo de gardarroupa.
  • Sinalización kilométrica no percorrido.
  • Servizo de ambulancia, médico e sanitario.
  • Seguro de accidentes deportivos para o corredor e RC do evento.