Ames, domingo 20 outubro 2019

XX CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de Ames organiza co control técnico da Federación Galega de Atletismo, o domingo 20 de outubro a vixésima edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII CIRCUITO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN.

As probas disputaranse o domingo, 20 de outubro, na localidade de Bertamiráns. A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (inmediacións da Casa do Concello). O circuíto da proba absoluta estará debidamente sinalizado, contará con indicacións en cada quilómetro e estará homologado na distancia de 10 km pola Real Federación Española de Atletismo. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición para a carreira popular rematará o mércores 16 de outubro ás 23:59 horas.

RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 19 de outubro) en horario de 17:00 a 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. PARA NON GARDAR COLAS RECOMÉNDASE RECOLLER O DORSAL O DÍA ANTERIOR NO LUGAR ESTABLECIDO.


REGULAMENTO VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA