XA PODES CONSULTAR O NÚMERO DO TEU DORSAL
O Concello de O Pino celebra a décimo sétima edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 22 de maio de 2022 a partir das 10 horas na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao VIII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS: Ata o xoves 19 de maio ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
INSCRICION POR CLUBES: Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico a dirección santiago@atletismo.gal cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE FORCAREI ubicada preto da casa do Concello con prazo límite 30’ antes do inicio de cada proba.
PREMIOS
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes de cada categoría establecida no presente regulamento agás na categoría sub 6 que non haberá clasificación nin premios.
- Trofeo para a primeira e o primeiro atleta local empadroada/o no Concello das categorías escolares (DE SUB 8 A SUB 18).
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (SUB 20, SUB 23, SENIOR e MÁSTER).
- Trofeo o participante máis veterano que logre concluír a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
- Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes clasificadas/os empadroados no Concello de O Pino da proba absoluta.
- Trofeo para os 3 primeiros clubs federados femininos e masculinos clasificados na proba absoluta na súa clasificación final.
- Trofeo para o club e a entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
- Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todas/os as/os participantes na proba de todas as categorías.
- Medallas para todos os participantes de todas as categorías escolares (de sub 6 a sub 12 ).
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES ÓS ATLETAS LOCAIS
PREMIOS EN METÁLICO (Só para a proba ABSOLUTA)
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 150 € 1º Clube federado femenino: 150 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 50 € 3º Clube federado femenino: 50 €