San Cibrao das Viñas, domingo 15 decembro 2019

XVIII CARREIRA PEDESTRE DE NADAL SAN CIBRAO DAS VIÑAS

SAÍDA E META: estarán situadas nas piscinas municipais de ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas. As coordenadas da saída son as seguintes:
GPS (WGS84) 42º17’01”, 7º50’15”O - UTM x:595802 y:4681920
INSCRICIÓNS: ata o xoves 12 de decembro ás 00:00h
DORSAIS E CHIPS: a recollida de dorsais e chips efectuarase na secretaría da competición o día da proba ata media hora antes da saída de cada carreira.
HOMOLOGADA: a Carreira Pedestre do Nadal é unha proba incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada de 10.000m pola Real Federación Española de Atletismo. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
PREMIOS: establécense os seguintes premios:
• 150€ - 100€ - 75€ - 60€ - 60€ - 60€ ós 6 primeiros clasificados/as en material deportivo.
• 60€ ós seis primeiros/as clasificados/as do Concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo (imprescindible estar empadroado no Concello de San Cibrao das Viñas).
• Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibrao das Viñas
• Trofeo aos 3 primeiros/as clasificados/as en cada categoría.
• Camiseta técnica para todos os/as participantes que rematen a carreira.
• Medalla para todos os Pitufos participantes ata esgotar existencias.
• Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas, cestas de Nadal, sesións de fisioterapia, etc.
SERVIZOS AO FINALIZAR A CARREIRA: a Organización obsequiará cun ágape a todos os/as participantes da proba. Haberá vestiarios e aseos para home es mulleres e servizo de duchas.
Non haberá gardarroupa.