Ames, domingo 23 outubro 2016

XVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE AMES. CAMPIONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA. IV CIRCUÍTO CARREIRAS POPULARES DEP. PROVINCIAL A CORUÑA

XVII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE AMES CAMPEONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA 2016

O Concello de Ames e a Federación Gallega de Atletismo organizan o domingo 23 de outubro a décimo séptima edición da carreira pedestre popular que será a súa vez CAMPEONATO DE GALICIA ABSOLUTO E DAS CATEGORÍAS JUNIOR, PROMESA E VETERANOS DE 10 KM EN RUTA.
A proba formará parte do IV Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.

  • A saída e chegada de cada proba farase na Rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns (preto da praza do Concello).
  • Na carreira popular poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. Para o Campeonato de Galicia de 10 km en ruta deberase estar en posesión de licencia federativa en vigor da tempada 2015 / 2016. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
  • Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza do Concello nº 2- Bertamiráns) o día anterior á carreira (sábado, 22 de outubro) en horario das 17:00 ás 20:00 horas ou no mesmo día da carreira ata media hora antes da proba correspondente. Para non gardar colas recoméndase recoller o dorsal o día anterior no lugar establecido.
NOTA IMPORTANTE: OS ATLETAS QUE SE INSCRIBAN NO CAMPEONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA QUE DESEXEN OPTAR AOS PREMIOS DA CARREIRA POPULAR (TROFEOS E PREMIO EN METÁLICO) DEBERÁN FORMALIZAR TAMÉN A SÚA INSCRICIÓN NA PÁXINA WEB

As inscricións para o Campeonato de Galicia de 10 km en ruta realizaranse a través da
plataforma da rfea e será GRATUITA.

CAMPIONATO DE GALICIA DE 10 KM EN RUTA 2016 (Circular)