As probas disputaranse o domingo 25 de setembro na localidade do Milladoiro e contarán co control técnico do comité de xuices da Federación Galega de Atletismo.
A saída e a chegada de cada proba farase na Travesía do Porto (O Milladoiro). O circuíto será urbano e homologado pola RFEA e estará debidamente sinalizado.
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.
Inscrición: rematará o mércores 21 de setembro ás 23:59 horas. A inscrición será gratuíta.
Dorsais de competición: retiraranse na secretaría da organización situada no aparcadoiro da Área Deportiva do Milladoiro (Travesía do Porto) a partir das 9:00 horas e ata media hora antes da proba correspondente.
Trofeos: os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría, masculinos e femininos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira na Área Deportiva do Milladoiro (Travesía do Porto). Non haberá premios nin trofeos para os/as participantes das categorías prebenxamín e pitufo. Nestas categorías entregaráselle un agasallo a cada participante.
Servizo de duchas: a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo Municipal do Milladoiro.