O Pino, sábado 11 maio 2019

XVI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO. VII CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de O Pino celebra a décimo sexta edición da súa Carreira Pedestre Popular o sábado 11 de maio de 2019 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao VII CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. As probas estarán suxeitas ó seguinte: 

INSCRICIÓNS: Ata o xoves 9 de maio ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
ENTREGA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
PREMIOS
  • Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás na categoría biberón que non haberá clasificación nin premios.
  • Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER).
  • Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
  • Trofeos para os 3 primeiros classificados/as empadroados no Concello de O Pino da proba absoluta.
  • Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final. 
  • Trofeo para o clube e entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
  • Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todos/as os/as participantes.
  • Medalla para o primeiro/a clasificado local das categorías escolares (de sub 6 a sub 18 incluido) e para tódolos participantes das categorías sub 6 a sub 12.
PREMIOS EN METÁLICO: PARA AS CINCO PRIMEIRAS MULLERES E OS 5 PRIMEIROS HOMES DA PROBA ABSOLUTA E PARA OS TRES PRIMEIROS CLUBES FEDERADOS FEMENINOS E MASCULINOS DA CLASIFICACIÓN FINAL DA PROBA ABSOLUTA.