A carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola Secretaría Xeral para o Deporte con data do 1 de decembro de 2021, e en función da evolución da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios.