O Pino, domingo 29 abril 2018

XV CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE O PINO. VI CIRCUITO DEP. PROVINCIAL DE A CORUÑA

O Concello de O Pino celebra a décimo quinta edición da súa Carreira Pedestre Popular o domingo 29 de abril de 2018 na localidade de Arca – Pedrouzo (N-547 Santiago-Lugo, a 20 km de Santiago de Compostela) baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago). Esta proba pertence ao VI CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. 

HORARIOS
10:00 h CANICROSS POPULAR 3100 m (1 volta ó circuito alternativo)
10:45 h JUNIOR (SUB 20), PROMESA (SUB 23), ABS (SENIOR) e MASTER 8100 m   (1 Volta Grande + 1 P + 1 G + 1 P)
11:35 h CADETE MASCULINO (SUB 16) e XUVENIL (SUB 18) (M/F) 3186 m          (1 Volta Grande)
12:00 h INFANTIL (SUB 14) (M/F) e CADETE FEMENINO (SUB 16) 1928 m          (1 Volta Mediana)
12:15 h BENXAMIN (SUB 10) e ALEVIN (SUB 12) 850 m                                            (1 Volta Pequena)
12:25 h PREBENXAMIN (SUB 8) 500 m                                                                    (1 Volta Prebenxamín)
12:30 h PITUFO (SUB 6) 300 m                                                                                    (1 volta ó circuito pitufo)
13:00 h ENTREGA DE TROFEOS na CASA DA CULTURA

INSCRICIONS: Admitiranse inscricións ata o xoves 26 de abril de 2018 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
RECOLLIDA DE DORSAIS: Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita no Centro Sociocultural Luis Seoane (CASA DA CULTURA) ubicada fronte ó polideportivo municipal con prazo límite ata media hora antes do inicio de cada proba.
PREMIOS
  • Trofeo para os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas (en mulleres e homes) agás na categoría biberón que non haberá clasificación nin premios.
  • Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (JUNIOR, PROMESA, SENIOR e MASTER). 
  • Trofeo o participante máis xoven e o máis veterano que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen axudas externas.
  • Trofeo e bono de 1 sesión de masaxe cortesía de FISIOTERAPIA ARCA para os 3 primeiros clasificados homes e mulleres do Concello na carreira absoluta.
  • Trofeo para os 3 primeiros equipos masculinos e femeninos clasificados na clasificación final.  
  • Trofeo aos 3 primeiros / as clasificados/as do canicross.
  • Trofeo para o clube, entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
  • Agasallo e bebida para todos os participantes.
  • Medalla para o primeiro/a clasificado local das categorías escolares (de prebenxamín a xuvenil incluido) e para tódolos participantes das categorías biberón a alevín.
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 300 € 
2º Clasificado/a: 200 €
3º Clasificado/a: 100 €
4º Clasificado/a:   75 €
5º Clasificado/a:   50 €
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino:  200 €        1º Clube federado femenino:  200 €
2º Clube federado masculino:  100 €        2º Clube federado femenino:  100 €
3º Clube federado masculino:    75 €               3º Clube federado femenino:    75 €