O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 12 de febreiro de 2023 na Coruña a XV Medio Maratón Coruña21 e 5K, cunha distancia homologada de 21.097,50 metros.
A proba, incluída no calendario oficial das competicións da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano.
INSCRICIÓNS: ata as 23.59 horas do 5 de febreiro de 2023.
ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS: Os/ as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización. Serán os días previos ao desenvolvemento da proba (venres, sábado e domingo) os días nos que se poderán recoller os dorsais. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Descarga do circuíto en PDF